
No ano 2003, varios músicos dos arredores de Negreira,
comezaron a reunirse para interpretar xéneros musicais máis acordes cos
seus propios gustos, co simple propósito de divertirse.
Observaron que nos ensaios, os resultados obtidos eran comparables ó da multitude de charangas vistas no panorama autonómico, e despois de charlar con varias delas sobre o seu funcionamiento, decidiron formar unha charanga co fin de chegar a estar entre as mellores.
Estes xóvenes tiñan claro o tipo de charanga que querían chegar a ser, e destacaba entre os seus primeiros propósitos, xuntar fondos para invertir na construcción dunha batería móbil, debido a que o repertorio necesitaba dunha base rítmica de maior calibre.
Para reunir este diñeiro, decidiron amenizar varias festas nas cercanías.
Unha
vez construida a batería, tiveron a necesidade de aumentar o número de
integrantes ata 8(1 bombardino, 2 trombóns, 2 saxos, 1 trompeta, 2
percusionistas).
Con esta formación, fixeron a temporada 2004 con excelentes resultados para unha charanga de tan breve andadura.
Vista a gran acollida por parte do público en todas as súas actuacións, e as súas ansias por mellorar, surxe a idea de crear dúas baterías distintas a todo o visto ata a data.
Pese a todos os gastos propios das charangas (alcohol, vicios….) ainda lles quedaba a suficiente responsabilidade para conservar os fondos precisos para dar este novo paso na súa andadura musical.
O deseño dos
nuevos carritos respondía a conceptos prácticos e estéticos, o carrito
debía poder ir por calquera superficie e permitir ó percusionista tocar
baixo calquera circunstancia á vez que tiña que impactar a nivel visual.
Nesta foto podemos observar os resultados:
A temporada 2005 supuso un salto cualitativo importante, o cal se viu correspondido por un aumento no número de contratas.
Dito salto cualitativo veu a raíz de poseer unha batería completa, algo nunca visto e unha total innovación no segundo carrito, provisto dun equipo completo de percusión latina.
A súa preocupación polo nivel audiovisual, ofrecido nos seus concertos levounos a potenciar este último apartado, invirtindo no vestuario chamativo e identificativo á vez que buscaban novas formas de facer o seu espectáculo máis dinámico (coreografías, efectos visuais….)
Con
esta formación, neste momento de 10 integrantes, conseguiron cautivar a
boa parte da xeografía galega e incluso a outras comunidades
autonómicas, á vez que recibiron ofertas para viaxar a diversos países
europeos e latinoamericanos.
Cabe destacar que o éxito recollido non é fruto da casualidade xa que xunto ó impresionante despliegue de medios atópase unha preparación musical dos seus integrantes de alto nivel, esto ten un gran mérito posto que a esta charanga dende os seus comezos ata a actualidade ninguén lle regalou nada.
Se tivéramos que definir a esta charanga faríamolo da seguinte forma:
ESPECTÁCULO – CALIDADE - DIVERSIÓN